Friday 13 de September de 2024

Gonzalo Muíños interpela ao goberno local polo estado das rúas de Santiago: “levamos máis de un ano de mandato e nada sabemos de ningún plan de asfaltados”


▪ Critica o portavoz socialista que todas as actuacións feitas ata agora de reparación de estradas limitáronse a executar os lotes de asfaltado que “viñan do goberno socialista”

▪ Aprema a actuar na rúa de Varsovia en Fon%ñas, asfaltar de forma “urxente” as rúas da Decoita e Rial de Conxo, así como a reparar as rúa Churruchao e do Piñeiro na Rocha

O estado das rúas e estradas da cidade será mo0vo de debate no pleno de este vindeiro xoves a proposta do Grupo Municipal Socialista. Sobre esta materia o seu portavoz, Gonzalo Muíños, defenderá varias inicia0vas para que o goberno local actúe en cinco rúas de diferentes barrios. O problema de fondo, cri0ca Muíños é unha falta de planificación de asfaltados e actuacións nos viais de San0ago por parte do bipar0to, asegurando que “despois máis de un ano de mandato, aínda nada soubemos de ningún plan de asfaltados para arranxar as rúas da nosa cidade”.

Esixe planificación o portavoz socialista que lembra que “o único que se fixo en esta materia ata agora foi executar os lotes que deixamos en marcha no goberno socialista”, de feito algunha das rúas que estaban contempladas en eses lotes aínda están agora mesmo en marcha. Muíños que pon o foco no estado da rúa Varsovia, en Fon0ñas. Unha rúa “estreita” recoñece, pero con unha “importante” carga de tráfico pois une a rúa Lisboa coa rúa París.

Cri0ca o estado no que se atopa este viario, “cheo de fochancas e con tramos de adoquín totalmente afundidos”, polo que preguntará polos plans do execu0vo de SanmarOn para acometer os arranxos oportunos antes do inverno.

Asfaltado “imperioso e urxente” nas rúas de Decoita e Rial de Conxo

Outro dos puntos nos que o portavoz socialista urxe ao goberno local a actuar é no barrio de Conxo, concretamente nas rúas de Decoita e Rial de Conxo. O fai, logo de que o Grupo Municipal man0vese un encontro coa Asociación Veciñal Volta do Castro. Así, o edil socialista faise eco da demanda dos veciños que reclaman desde hai meses unha actuación de asfaltado en quente en ambos viais. Tamén labores de limpeza e roza na contorna da rotonda de Poza Real de Arriba.

O último punto que os socialistas levarán a pleno en forma de rogo para instar ao goberno local a actuar é na Rocha, concretamente na rúa Churruchao e na rúa do Piñeiro que se atopan, explica Muíños, nun estado de “abandono”, cunha necesidade urxentede “rebacheo” así como de limpeza das cunetas. Precisamente, no mesmo sen0do, cri0ca que o aparcadoiro do Castelo da Rocha atópase completamente “cheo de maleza” polo que pedirá tamén que se leven a cabo labores de mantemento e limpeza na contorna.